[08/05/2015] O patio de butacas do Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Sax Tenor’, primeiro título da dramaturxia galega que entra a formar parte do repertorio do principal teatro público de Portugal.
[07/05/2015] O Salón Teatro de Santiago programa esta fin de semana o espectáculo portugués ‘NÓS’, unha creación colectiva da plataforma artística PELE para o Grupo de Teatro de Surdos do Porto, que aposta pola implicación social e bota man da linguaxe universal da arte da escena para eliminar barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte.
[04/05/2015] O mestre cubano Lázaro Carreño imparte desde hoxe na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un novo curso intensivo de técnica clásica, no que participa ata finais de maio unha vintena de alumnos e alumnas de toda Galicia, entre os que se atopan profesionais e profesorado de danza, así como estudantes de nivel medio-alto.
[04/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa estrea o vindeiro xoves 7 a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo tenor’ (‘Sax tenor’ na súa versión portuguesa), primeiro título da dramaturxia galega levado ás táboas polo principal teatro público do país veciño. Esta produción, que poderá verse na capital lusa ata o día 24, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega está a representar ‘Xardín suspenso’, de Abel Neves.
[29/04/2015] O Teatro Afundación de Vigo ofrecerá o vindeiro mércores 6 de maio un pase único do espectáculo ‘Xardín suspenso’, dirixido para o Centro Dramático Galego (CDG) polo vigués Cándido Pazó. Con esta función, que terá lugar ás 20.30 horas, a compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria alcanzará o ecuador da xira que está a desenvolver con esta versión da obra de Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da actual escena portuguesa, e que rematará a finais de maio en Lisboa despois de ter visitado unha decena de escenarios.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores