Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

DO 5 AO 8 DE DECEMBRO NO SALÓN TEATRO E NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO

O Festival Agustín Magán ofrece unha nova mostra do teatro amador galego a través dos espectáculos de seis grupos Documento anexo

[25/11/2015] O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que se vén realizando en Galicia. Entre os días 5 e 8 de decembro, o Teatro Principal e o Salón Teatro acollerán as obras finalistas da décimo cuarta edición do festival, promovido pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e do Concello de Santiago de Compostela.

O VENRES 23 E O SÁBADO 24 ÁS 20.30 HORAS

Triatreros estrea o seu espectáculo 'Listo para sentenza' no Salón Teatro

[22/10/2015] Triatreros estrea no Salón Teatro o seu novo espectáculo, ‘Listo para sentenza’, que poderá verse neste escenario compostelán mañá venres 23 e o sábado 24, ás 20.30 horas. Esta proposta teatral preséntase como unha comedia sarcástica arredor da corrupción, coa que a compañía viguesa mantén a súa aposta pola combinación do humor e a crítica social.

AS FUNCIÓNS SERÁN MÉRCORES E XOVES ÁS 20:30 HORAS

BalletNorte presenta no Salón Teatro de Santiago o espectáculo 'Atlántica', coproducido co Centro Coreográfico Galego

[20/10/2015] A compañía galega de danza BalletNorte presenta o espectáculo 'Atlántica' mañá mércores 21 e o xoves 22, os dous días ás 20:30 horas, no Salón Teatro de Santiago. A montaxe, realizada en coprodución co Centro Coreográfico e con dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, rende unha homenaxe aos autores do Rexurdimento por medio da danza.

PABLO DÍAZ E BANDA TIC TAC TOC OFRECEN UN CONCERTO PARA PÚBLICO FAMILIAR MAÑÁ SÁBADO, ÁS 12.00 HORAS

O Salón Teatro pecha a súa programación ata finais de ano con 28 representacións escénicas e musicais en cartel Documento anexo

[16/10/2015] A carteleira despregada no Salón Teatro para este último trimestre do ano recolle 28 novas representacións escénicas e musicais, que darán comezo mañá sábado, ás 12.00 horas, co concerto para público infantil de Pablo Díaz e Banda Tic Tac Toc dentro do I Festival Premios Martín Códax da Música. O escenario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será tamén unha das sedes doutras destacadas citas culturais da capital de Galicia, como as Xornadas de Música Contemporánea, o mercado Galicia Escena PRO, Cineuropa e o Festival de Teatro Amador Agustín Magán.

SERÁ IMPARTIDO POLA BAILARINA GALEGO-CUBANA LISVET BARCIA DO 23 AO 27 DE NOVEMBRO

O Centro Coreográfico abre a inscrición nun taller sobre danza moderna cubana como forma de adestramento corporal

[14/10/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera. O prazo de inscrición para participar neste novo encontro formativo, dirixido a bailaríns e bailarinas e estudantes de danza de nivel medio e avanzado, está aberto ata o vindeiro 13 de novembro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: