[14/02/2024] Un díptico teatral de Antón Reixa e Antela Cid recupera as vidas das personaxes esquecidas pola literatura dramática clásica para facelas protagonistas dos volumes X e XI das Clásicas Desfeitas. Baixo o título Míticas pero secundarias, este espectáculo duplo pechará os días 23 e 24 de febreiro unha nova edición do ciclo escénico promovido pola Xunta de Galicia dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás.
[02/02/2024] O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, mantivo unha reunión nas instalacións do Centro Coreográfico Galego, na Coruña, con varios membros do equipo artístico de Dique, a montaxe que a compañía Nova Galega de Danza desenvolve en coprodución coa unidade da Xunta de Galicia e que ten prevista a súa estrea a finais do mes de xuño.
[01/02/2024] O Centro Dramático Galego ten programada durante este trimestre unha intensa actividade en Santiago de Compostela, que traspasa as fronteiras da súa sede no Salón Teatro coa mostra de catro coproducións na capital de Galicia e outras actividades de creación e exhibición que culminarán en abril coa estrea de 'Os actos e as profecías', o espectáculo central que a compañía pública de teatro está a crear para a conmemoración do o seu 40º aniversario. As tres pezas deseñadas para este ano dentro do ciclo Clásicas desfeitas, que se re representarán na Cidade da Cultura de Galicia a partir de mañá, e a montaxe 'Manuela Rey Is In Da House', que chegará ao Teatro Principal compostelán en marzo, son as catro propostas nas que o Centro Dramático Galego participa en réxime de coprodución. Ademais, entre outras citas, o Salón Teatro acollerá o XXVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC, unha residencia artística do Teatr Piba da Bretaña, no marco do proxecto europeo Phone, e a estrea de 'Helen Keller, a muller marabilla?', a nova obra do grupo Chévere, co que a compañía pública colabora de xeito especial para ofrecer unha temporada de funcións para o avance do teatro accesible e inclusivo.
[24/01/2024] O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, adapta o escritor de Mondoñedo nunha obra itinerante e interactiva que bebe tamén de Shakespeare e do brasileiro Machado de Assis. Trátase dunha produción internacional que terá a súa estrea en febreiro no Gaiás coas compañías brasileira Boccaccione e a galega Marinita y sus Maromas, dentro do ciclo impulsado pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e da Cidade da Cultura. Nesta edición Clásicas Desfeitas volverá tamén protagonistas ás personaxes secundarias da mitoloxía grega nun díptico contemporáneo creado por Antón Reixa e Antela Cid, dentro do súa filosofía de actualizar os clásicos a través doutras disciplinas máis aló da literatura.
[14/12/2023] O Centro Dramático Galego colabora coa empresa de xestión cultural Culturactiva na organización en Santiago de Compostela dun obradoiro de teatro clásico e interpretación para artistas con diversidade funcional, impartido polo director escénico Ignacio García, referente na difusión do repertorio teatral do Século de Ouro español. O curso desenvolverase desde mañá e ata o martes 19 no Centro Sociocultural Santa Marta coa participación de 26 intérpretes de diferentes puntos de Galicia e cunha ampla variedade en canto á súa formación, experiencia artística nos ámbitos escénico e musical, idade e capacidades diferentes.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores