[19/10/2018] Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, espectáculo da compañía de circo Pistacatro coproducido co Centro Dramático Galego (CDG), ofrecerá hoxe e mañá, ás 20,30 h., as súas dúas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago. A montaxe dirixida por Quico Cadaval a partir da obra de Xosé Luis Méndez Ferrín é a primeira das inseridas na nova carteleira trimestral da sede do CDG, onde ata final de ano poderán verse outras dúas coproducións da compañía pública, as proxeccións do festival Cineuropa e o ciclo Gran teatro para os máis pequenos, entre unha ducia de propostas.
[09/10/2018] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura a nova temporada de actividade pública no Salón Teatro de Santiago coa estrea este xoves día 11 do espectáculo Arnoia Arnoia. O circo da casa pequena, que coproduce coa compañía Pistacatro Produtora de Soños. Esta será a primeira das 12 montaxes programadas ata final de ano na sede compostelá da compañía da Consellería de Cultura e Turismo, que tamén acollerá parte das proxeccións do festival Cineuropa.
[02/10/2018] Pisando Ovos estrea mañá en Vigo o seu novo espectáculo de danza, Directo 9, realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo a través do programa de coproducións que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) desenvolve mediante o Centro Coreográfico Galego. Como compañía residente do Teatro Ensalle, este será o escenario das primeiras funcións da montaxe, que terán lugar mañá día 3 e o xoves 4, ás 21,00 h., e o venres 5 mais o sábado 6, ás 22,00 h.
[06/08/2018] É un día triste para o teatro galego. Foise Ernesto Chao, un dos grandes da nosa escena e do noso audiovisual.
[03/08/2018] O Centro Coreográfico Galego (CCG) compartirá co público unha mostra de danza protagonizada polo alumnado dos seus cursos de verán, que rematan hoxe mesmo na súa sede da Coruña. A gala, de entrada libre, terá lugar mañá sábado, ás 18,00 h., no Centro Ágora da cidade.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores