[13/02/2007] A música actual entra no programa trimestral do Salón Teatro de Santiago de Compostela da man do dúo que integran o saxofonista galego Pablo Coello e o portugués Pedro Rebelo á electrónica. Ambos ofrecerán un concerto mañá mércores 14 de febreiro ás 20:30 horas, no que baixo o título de Fragmentos, a música combinarase con material audiovisual como videoproxeccións e as improvisacións con soporte visual.
[09/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela, espazo de exhibición escénica que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), acolle esta fin de semana (sábado 10 ás 20:30 h e domingo 11 ás 18:00 h.) a estrea en castelán da obra Last chance (Última oportunidade), unha coprodución do Teatre Lliure co Centre d’Arts Escèniques de Reus–CAER. Trátase dunha nova proposta da dramaturga e directora Carol López que conta con Dolo Beltrán, cantante do grupo Pastora, Paul Berrondo e Andrés Herrera no elenco.
[08/02/2007] A nova Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) comeza a súa actividade anual coa programación até decembro de 2007 de 870 concertos a cargo de 72 grupos e solistas de todos os estilos nun total de 43 salas repartidas por toda Galiza. A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte e a asociación Clubtura, supón a aportación compartida de 388.000 euros en custos de cachés (291.400 da Consellaría, a través do IGAEM, e 96.600 das salas); e ten como obxectivo a consolidación dun circuíto musical estable que serva de plataforma de promoción aos intérpretes e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego. Aquí podes consultar o calendario de concertos.
[07/02/2007] A compañía francesa Alleretour presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última coreografía, titulada Ellas, unha homenaxe ás mulleres que quedaron soas trala guerra civil española. Creada e dirixida por Jesús Hidalgo, o espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá dúas funcións que terán lugar mañá 8 e o venres 9 ás 20.30 horas.
[05/02/2007] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe a terceira e última parte do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade, impartido polo dramaturgo portugués Abel Neves e supervisado por Cándido Pazó, o autor residente no CDG na temporada 2006/07. Un total de 19 alumnos participan nesta actividade, que se desenvolverá até o venres 9, baixo o título "Diálogos. O acabado dunha peza" e porá énfase en todo o tocante a estilística, construción de personaxes, diálogos e resolución de finais.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores