[09/07/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) chega este venres día 11 a Carballo coa súa última produción, Kiosco das almas perdidas, da que ofrecerá unha función de entrada libre a partir das 22.30 horas na praza do Concello. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, entra así na recta final dunha extensa xira dentro e fóra de Galicia, que pechará este mes coas súas presentacións no Mercat de les Flor de Barcelona (días 19 e 20), dentro da programación do Festival Grec, e na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (día 25).
[30/06/2008] O Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña acolle esta semana dúas funcións de Estigma, espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) que xurdiu do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo de Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. As representacións da Coruña, que terán lugar os días 2 e 3 de xullo ás 20.30 horas, insírense dentro da xira galega que a compañía pública está a desenvolver por diferentes escenarios galegos en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
[27/06/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 28 ás 21.00 h e o domingo 29 ás 18.00 h a estrea de Bailadela da morte ditosa, a última produción de Teatro de Ningures na que a compañía de Cangas do Morrazo recupera e reivindica o legado de Roberto Vidal Bolaño. Con dirección de Etelvino Vázquez, un total de sete actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar nova a este texto, galardoado co Premio Abrente de Ribadavia en 1980 e levado a escena polo autor nese mesmo ano coa súa compañía daquela, Teatro do Estaribel.
[25/06/2008] A cantautora galega Carmen Dor pechará este venres día 27, ás 22.00 horas no Salón Teatro, o Ciclo Novas Músicas cun concerto no que presentará o seu último disco, Dora Maar 74, que supón un punto de inflexión no traballo desenvolvido pola artista até o momento. Coa actuación de Dor clausúrase esta programación dedicada a músicos da nova escena galega, na que tamén participaron o dúo composto por Fran Pérez (Narf) e Manecas Costas, e Nordestin@s, o proxecto musical formado por Abe Rábade, Guadi Galego e Ugia Pedreira.
[25/06/2008] O Auditorio Muncipal de Vilagarcía acolle este venres día 27 ás 21.00 horas a posta en escena de Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores