[24/09/2008] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá a estrea en Galicia da última produción de Matarile Teatro, Animales artificiales . O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así o ciclo de Outono da programación deseñada para a temporada 2008-2009 con catro funcións deste espectáculo (os días 25, 26 e 27 ás 20.30 horas e o domingo 28, ás 18.00) como mostra inicial do seu apoio á exhibición das propostas escénicas realizadas por compañías galegas, protagonistas do primeiro período de carteleira que se estende até finais de decembro.
[19/09/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa nova temporada teatral 2008-2009 coa montaxe de dúas producións propias de gran formato, outros catro espectáculos en réxime de coprodución con grupos galegos privados e co Centro Cultural Vila Flor portugués, o mantemento dunha intensa e variada programación do Salón Teatro e a potenciación da actividade do seu Centro de Creación Dramática Contemporánea. Estes son os eixos fundamentais que centrarán o traballo do CDG para a temporada que se estenderá até xullo de 2009 e na que, baixo o lema "Parte de ti", se conmemorará ademais o 25 aniversario do nacemento en marzo de 1984 da única compañía institucional de teatro de Galicia.
[15/09/2008] O coreógrafo e bailarín Gustavo Ramírez imparte do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de setembro un curso de danza contemporánea na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) no que participan profesionais e estudantes da danza e outras artes do movemento, que se dan cita na Coruña coa finalidade de traballar nocións de técnica, repertorio e composición.
[12/09/2008] As tres redes de distribución de teatro, danza, maxia e música que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) retoman a súa actividade neste mes de setembro para programar até finais de ano un total de 646 funcións, das que 332 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios, 207 á Rede Galega de Música ao Vivo, e 107 á Rede Galega de Salas.
[10/09/2008] A compañía Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellaría de Cultura e Deporte estrean Tradicción o vindeiro venres 12 de setembro, ás 21.00 h., no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A montaxe, que estará no mesmo escenario tamén o sábado 13, conta coa colaboración do Concello da Coruña e pertence ao programa de coprodución 2008 a través do que o CCG apoia proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e privadas.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores