[18/03/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta Giseliña o sábado 21 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio Municipal de Cangas, as entradas estarán a venda no despacho de billetes deste espazo cultural o mesmo día da función en horario de 18.30 a 20.30 horas e os días previos á función no teléfono 902 504 500 ou a través da web www.servinova.com.
A nova produción do CCG, que conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura, está dirixida polo coreógrafo Cisco Aznar e coproducida xunto ao teatro La Laboral de Xixón e o Centro Párraga de Murcia. Giseliña, que se estreou o pasado 7 de marzo no teatro Rosalia Castro da Coruña, poderá verse en distintos teatros galegos, viaxará a outros escenarios da xeografía española e se exhibira tamén en Marrocos (nas cidades de Rabat e Tetuán) e Xordania (en Amann).
Giseliña constitúe a terceira produción da historia do CCG. Despois de Vacuo de Maruxa Salas e Kiosco das almas perdidas de Roberto Oliván, a proposta que protagoniza a temporada 2009 chega da man do creador catalán asentado en Suíza Cisco Aznar, quen asina unha adaptación moi libre e poética do ballet clásico Giselle que ao tempo se inspira en figuras da tradición popular galega relacionada coa morte e o sobrenatural, como son as meigas ou a Santa Compaña.
Así, as willis, noivas que morreron virxes e de noite abandonaban a morte para facer bailar os homes até que estes finaban, substitúense aquí por bruxas, do mesmo xeito que o bosque muda en mar e na súa influencia no carácter galego.
[18/03/2009] «Cando nos volveremos ver? Cando, o sabor terroso dos teus labios, virá rozar de novo a ansiedade do meu espírito? A terra é coma unha refolada de labios mortais. A vida socávanos fronte ao abismo de todos os aloumiños que nos faltaran».
As palabras son de Artaud, do libro A Arte e a Morte, mais poderían ser debuxos escritos coa pulsión vital do desmaio que acomete os corpos transformados de Giseliña, a nova produción do Centro Coreográfico Galego, asinada polo catalán, asentado en Suíza, Cisco Aznar. É esta unha aproximación persoal, a través dun imaxinario plástico e decadente, dese ballet clásico que é Giselle, obra estreada en París en 1841, en dous actos, coreografada por Jean Coralli e Jules Perrot, con libreto de Théophile Gautier e Vernoy de St. Georges e música de Adolphe Adam.
[10/03/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) fixo pública a convocatoria 2009 dos seus tres premios literarios no eido dramático -XVIII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, IV Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil e VII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto)-, para os que mantén aberto o prazo de recepción de orixinais até o 2 de xuño. A AGADIC destina un total de 24.000 euros a esta nova edición dos galardóns, a primeira convocada pola entidade da Consellaría de Cultura dende a súa entrada en funcionamento en xuño do ano pasado.
[09/03/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta Giseliña mañá martes 10 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia de Santiago. A nova produción propia da entidade está dirixida polo coreógrafo Cisco Aznar, conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura e está coproducida xunto ao teatro La Laboral de Xixón e o Centro Párraga de Murcia. Giseliña, que foi estreada a pasada fin de semana no Teatro Rosalía Castro da Coruña, poderá verse en distintos teatros galegos, viaxará a outros escenarios da xeografía española e tamén se exhibirá en Marrocos (nas cidades de Rabat e Tetuán) e Xordania (en Amán).
[06/03/2009] O concerto que os grupos composteláns Samesugas e The Homens ofrecerán mañá día 7, a partir das 00.30 horas, na sala barcelonesa La (2) de Apolo sinala o inicio da extensión en Cataluña da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV), a través da que 13 bandas galegas de diferentes estilos actuarán en 9 locais cataláns. Serán un total de 30 os concertos programados no marco deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de marzo a xuño e de setembro a novembro en virtude do acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Catalá de les Indústries Culturais (ICIC).
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores