[15/04/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (venres 17 ás 21.00h, sábado 18 ás 20.30h e domingo 19 ás 18.00h) a estrea de Eco, un espectáculo de teatro contemporáneo a cargo de Iván Marcos en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con esta proposta, a compañía pública continúa co seu plan de coproducións para 2009, no que tamén se insiren os espectáculos Rúa aire de O Retrete de Dorian Gray; Delimvois, do grupo portugués Teatro Oficina a partir dun texto do Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal, e Wake Up de Nut Teatro.
[14/04/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 17 ás 21.00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
[14/04/2009] O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle mañá mércores 15 de abril, a partir das 20.30 horas, un espazo radioescénico no que se entregará a terceira edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Os escritores Rubén Ruibal e César Candelas recollerán os galardóns da audiencia e do xurado, dotados cada un deles con 3.000 euros, pola obra Peter Buckley , título que concitou as dúas categorías do premio.
[08/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) congregou un total de 14.749 persoas nas máis de 290 accións artísticas e formativas que organizou durante a pasada temporada, segundo se recolle no Informe de actividade 07-08 que acaba de publicar a unidade de danza da AGADIC. Neste período, o CCG produciu e exhibiu a peza Kiosco das almas perdidas, desenvolveu tres coproducións, apoiou oito proxectos a través do programa Artistas en Residencia e promoveu 233 accións formativas para público e profesionais.
[07/04/2009] A nota media que os espectadores conceden aos espectáculos escénicos producidos en Galicia é de 8 sobre 10, segundo os datos que recolle a Enquisa de satisfacción do público da Rede Galega de Teatros e Auditorios 2009 promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Esta terceira edición do estudo constata así o mantemento da valoración positiva das montaxes galegas, ademais de confirmar a tendencia á alza na frecuencia da asistencia respecto aos dous anos anteriores.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores