[20/10/2009] As compañías galegas Galitoon, con Rosalía, a pulga que escribía, e Mofa e Befa, con Shakespeare para ignorantes, protagonizarán mañá as dúas estreas absolutas da Feira Galega das Artes Escénicas 2009, nunha terceira xornada de actividade artística e comercial na que Berrobambán Teatro, Teatro do Morcego e Quique Peón exhibirán tamén os seus últimos espectáculos. A AGADIC organiza esta décimo sétima edición do evento, que se desenvolve ata o vindeiro venres 23 en cinco espazos de Santiago e á que asisten máis de 130 programadores, distribuidores e produtores de toda a Península.
[19/10/2009] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presidiu hoxe a apertura oficial da Feira Galega das Artes Escénicas 2009, que se celebra ata o vindeiro 23 de outubro en cinco escenarios de Santiago de Compostela. Máis de 130 programadores, produtores e distribuidores procedentes de toda a Península asisten dende hoxe a esta décimo sétima edición do evento, consolidado como a máis importante cita anual co sector escénico galego na súa dobre vertente de escaparate para a exhibición de espectáculos e de espazo de negocio para a contratación dos mesmos.
[19/10/2009] Manuel Lourenzo, coa obra Flores de Dunsinane, é o gañador da edición 2009 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, galardón que recibiu esta mañá de mans do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, no acto de apertura da XVII Feira Galega das Artes Escénicas. Coincidindo coa inauguración do evento, déronse a coñecer así mesmo os nomes dos autores recoñecidos este ano co resto dos premios literarios que convoca a AGADIC: Xosé A. Neira Cruz alzouse co Manuel María de Literatura Dramática Infantil polo texto Sopa de xarope de amora, mentres que o Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques recaeu en Ignacio Vilariño por Auga que non vas beber..., na modalidade para adultos, e en Begoña García por Bon appétit, na categoría de teatro para rapaces.
[14/10/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo organiza do 19 ao 23 de outubro a XVII Feira Galega das Artes Escénicas, que este ano concede todo o protagonismo ás compañías galegas cun cartel artístico integrado por 20 espectáculos: 11 de teatro para adultos, seis de teatro infantil e tres de danza. Os máis de 130 programadores, produtores e distribuidores de toda a Península acreditados terán tamén a oportunidade de asistir a unha serie de actividades paralelas, entre as que se inclúen dúas mesas de debate, catro showcases de danza, unha zona de stands de empresas e asociacións do sector, e a asemblea xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
[07/10/2009] Os artistas circenses Georgina Domingo e Julien Vittecoq, dúo fundador da compañía de novo circo franco-catalá Cridacompany, amosarán mañá diante do público o resultado do traballo creativo que viñeron desenvolvendo nas últimas semanas dentro da súa residencia artística no Centro Dramático Galego. A sede da escola Circonove, ubicada no polígono de Novo Milladoiro (Ames), acollerá a partir das 20.00 h e como espazo asociado a esta iniciativa da AGADIC, un primeiro avance da peza que levarán aos escenarios baixo o título de Aïe.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores