[02/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 4, venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e o domingo 7, ás 18.00 horas.
[01/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo colabora coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia na organización do programa Ciclos ESAD 2010, no marco do que se celebrarán tres encontros centrados na historia do teatro en Galicia e na creación dramática en galego: Memorias do Teatro (do 3 de marzo ao 12 de maio), Dramaturxias.con (do 16 de marzo ao 26 de maio) e Curso de Literatura Dramática Galega (do 16 de marzo ao 25 de maio). As tres iniciativas, dirixidas tanto aos alumnos do centro como a todas as persoas interesadas nestas materias, desenvolveranse na Sala Pedra Seixa da nova sede da ESAD en Vigo.
[25/02/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de convocar o proceso de selección dun total de 12 bailaríns e bailarinas para a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Etheria. A viaxe soñada, baixo a dirección da coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez. Segundo as bases publicadas onte na web da AGADIC, os interesados en participar nas audicións que se celebrarán na Coruña os días 29 e 30 de marzo teñen de prazo ata o vindeiro día 13 para remitir as súas solicitudes.
[24/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres 26 de febreiro, ás 21.00 h, no Teatro Lauro Olmo do Barco As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
[19/02/2010] A coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez Rodríguez, fundadora da compañía Druída Danza, dirixirá o próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego (CCG) a petición da dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais). A nova produción, que levará por título Etheria. A viaxe soñada, evocará por medio da danza, a música e a imaxe o periplo da protagonista, unha relixiosa galega no século IV, na súa peregrinación de retorno desde Xerusalén até Compostela.
Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 211 212 213 214 215 216 217 218 219 220 221 222 223 224 225 226 227 228 229 230 231 232 233 234 235 236 237 238 239 240 241 242 243 244 245 246 247 248 249 250 251 252 253 254 255 256 257 258 259 260 261 262 263 264 265 266 267 268 269 270 271 272 273 274 275 276 277 278 279 280 281 282 283 284 285 286 287 288 289 290 291 292 293 294 295 296 297 298 299 300 301 302 303 304 305 306 307 Ver novas anteriores