Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

AS COMPAÑÍAS MADRILEÑAS KAMIKAZE E K PRODUCCIONES FIGURAN TAMÉN NA OFERTA DE ESPECTÁCULOS, ADEMAIS DOS RECITAIS DE VASHTI BUNYAN E LORENA LORES

O Salón Teatro abre a carteleira de maio co espectáculo de Eme2 "Sexo? Por que non?" Documento anexo

[03/05/2010] A montaxe da compañía galega EME2 Emoción&Arte Sexo? Por que non? inicia a programación de maio do Salón Teatro de Santiago de Compostela como primeira entrega dunha variada carteleira que dá cabida a un total de seis funcións teatrais e dous concertos. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) acollerá tamén as últimas propostas escénicas dos grupos madrileños Kamikaze e K Producciones, a música en directo de Vashti Bunyan e Lorena Lores, a proxección de varias curtas dentro do festival Curtocircuíto e o inicio da Mostra Internacional de Teatro Universitario.

INTERPRETARÁN MAÑÁ, ÁS 20.30 H, NO SALÓN TEATRO OS TEMAS DE "FOLKFUSIÓN", TÍTULO DO SEU NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO QUE DEFINE ASÍ MESMO O SON CARACTERÍSTICO DA BANDA

BellónMaceiras Quinteto pecha o primeiro ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente" Documento anexo

[29/04/2010] O concerto de BellónMaceiras Quinteto pechará mañá, ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago, a primeira entrega do programa "ST Música Presente", creado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxectivo de facilitar a promoción especial de novos traballos discográficos galegos a través de actuacións dirixidas preferentemente a un público especializado, pero abertas tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible. Promovido xunto a Abada Xestión Cultural, no concerto de mañá a banda interpretará os temas de Folkfusión, título do seu primeiro disco como quinteto que define, asemade, a principal característica do seu son.

DIRIXIDAS TANTO A PROFESIONAIS COMO A ESTUDANTES, TERÁN LUGAR EN SANTIAGO OS DÍAS 26 E 27 DE MAIO; E 4 E 5 DE XUÑO

Eliseo Parra, David Mayoral e Carlos Beceiro impartirán o segundo ciclo de "master class" de música tradicional Documento anexo

[28/04/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) organiza un novo ciclo de tres clases maxistrais ("master class") de música tradicional, que serán impartidas polos mestres Eliseo Parra, David Mayoral e Carlos Beceiro en distintas datas de maio e xuño na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela. Nesta segunda edición desta iniciativa pedagóxica, abordaranse contidos como distintos aspectos da percusión en relación co baile popular e afondarase en instrumentos como a guitarra, o bouzouki e a mandolina.

O CANTANTE E GUITARRISTA ESCOCÉS GARETH DICKSON ABRIRÁ ESTA NOVA CITA COMPOSTELÁ COA MÚSICA DE VANGARDA, QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ XOVES 29 A PARTIR DAS 22.00 HORAS

Continúa a extensión do Festival Sinsal no Salón Teatro co concerto da cantante arxentina Juana Molina Documento anexo

[28/04/2010] O Salón Teatro de Santiago ofrece mañá xoves día 29, a partir das 22.00 horas, o concerto da cantante arxentina Juana Molina, unha das artistas máis sorprendentes e de maior proxección da escena indie folk internacional. Inserida na programación da extensión en Santiago do Festival Sinsal, a súa actuación estará precedida da do cantante e guitarrista escocés Gareth Dickson.

A MONTAXE QUE FORA ESTREADA EN GALICIA EN 2009 VIAXARÁ AO REINO HACHEMITA MEDIANTE UN ACORDO ACADADO CO INSTITUTO CERVANTES

"Ovay", coprodución de Quique Peón e o CCG, representarase en tres escenarios de Xordania Documento anexo

[27/04/2010] Ovay, o espectáculo coproducido en 2009 como debut da compañía de danza Quique Peón e realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego, levará a cabo unha serie de representacións a principios de maio en Xordania, en virtude dun acordo acadado co Instituto Cervantes e os seus centros asociados no reino hachemita. Desenvolveranse en total 3 funcións, que terán lugar o día 3 no Free Theatre Festival de Amman, o 5 no Centro Cultural Rey Abdullah II de Zarqa e o 6 de maio tamén en Amman, pero desta volta no Gran Teatro da Universidade da capital xordana.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: