Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

COOPERACIÓN CO PROXECTO LUSO COMÉDIAS DO MINHO

O proxecto de artes escénicas ‘Ocupación Miñota’ chega a Ponteareas co apoio da Xunta para tender pontes entre Galicia e Portugal

[16/09/2025] O Centro Dramático Galego continúa a tender pontes entre creadores e público das artes escénicas de Galicia e Portugal con Ocupación Miñota, un programa de actividades arredor do teatro, no que se inclúen sesións de formación, conversas e a exhibición de tres espectáculos que terán lugar no marco das Residencias Artistea de Ponteareas do 17 ao 21 de setembro.

PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO ATA O 26 DE OUTUBRO

O circo protagoniza por primeira vez unha produción propia do Centro Dramático Galego en ‘A serie clopen’ Documento anexo

[09/09/2025] O Centro Dramático Galego inaugura a súa nova temporada escénica coa estrea, este xoves 11 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela, do espectáculo A serie clopen, primeira produción propia da compañía pública co circo como eixo central. Con dirección escénica de Pablo Reboleiro, quen asina tamén a dramaturxia xunto con Clara Gayo, as artes circenses como clown, acrobacias, malabares ou aéreos son protagonistas nesta montaxe multidisciplinar, na que a música e o humor teñen igualmente un peso importante á hora de propoñer unha reflexión crítica sobre o momento actual e os retos da mocidade. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, presentaron A serie clopen canda o seu equipo artístico, que estivo representado nas intervencións por Pablo Reboleiro, Clara Gayo e a intérprete Raquel Oitavén.

A COMPAÑÍA PÚBLICA PRODUCE OU COPRODUCE 14 NOVOS ESPECTÁCULOS

López Campos presenta a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego como punto de encontro do sector, concellos e cidadanía Documento anexo

[03/09/2025] O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu hoxe a presentación da nova temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego, que congregou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, medio centenar de representantes de compañías, concellos e entidades culturais coas que a compañía publica colabora no desenvolvemento desta programación baixo o lema O teatro, punto de encontro.

Primeira produción no ámbito do circo

O Centro Dramático Galego entra na recta final dos ensaios de ‘A serie clopen’ cara á estrea do 11 de setembro no Salón Teatro Documento anexo

[21/08/2025] O Centro Dramático Galego atópase xa na recta final dos ensaios de 'A serie clopen', a súa primeira produción propia co circo como eixo central, dando así un paso adiante no apoio e a atención que desde a compañía pública se lle vén prestando a esta arte escénica e aos seus profesionais. Neste caso, o circo serve como punto de referencia para construír un mundo simbólico que convide á reflexión sobre o momento actual.

ANALIZA O PAPEL DAS MULLERES NA COSTURA

O Centro Dramático Galego e Raquel Crespo inician en Culleredo a xira da súa coprodución ‘Punto en boca’ por unha trintena de localidades

[27/06/2025] O Centro Dramático Galego suma un novo título ao seu programa anual de coproducións coa estrea mañá en Culleredo de Punto en boca: entre fíos anda o lío, espectáculo itinerante da creadora Raquel Crespo que xirará ata finais de agosto por unha trintena de localidades, maioritariamente en núcleos rurais das catro provincias.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299  300  301  302  303  304  305  306  307  308  309  310  311 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: