A sede da EAEM, no parque de Vista Alegre
[26/01/2026] A Xunta de Galicia iniciou no Centro Dramático Galego os ensaios de Hamlet baixo a dirección escénica de Tito Asorey e cun elenco de 16 actores e actrices. A unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asume unha versión galega do clásico de Shakespeare, asinada polo propio Asorey xunto a Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato que terá a súa estrea o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
[21/01/2026] O espectáculo Memorias dun neno labrego, co que a Xunta de Galicia conmemora o 65º aniversario da publicación da emblemática novela de Xosé Neira Vilas e o 10º do pasamento do autor, está a acadar unha gran resposta do público galego, que está a encher o Salón Teatro de Santiago de Compostela en todos os pases desta produción do Centro Dramático Galego e Contraproducións. Coas entradas xa esgotadas para as funcións programadas na sede da compañía pública desde o pasado día 8 ata o domingo 25 e do 11 ao 15 de febreiro, o equipo prepara xa o inicio dunha xira que arrancará en nove escenarios das catro provincias.
[12/01/2026] A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude elevou hoxe ao Consello da Xunta o informe da actividade anual desenvolvida polo Centro Dramático Galego en 2025, no que se recollen as principais cifras e indicadores da súa evolución positiva tanto no que atinxe ao seu impacto no volume de creación escénica como no avance das liñas de conexión coa cidadanía. Así, a unidade teatral pública pechou 2025 tras ter producido ou participado na produción de 14 novos espectáculos e de ter presenza como coprodutor nun total de 305 funcións en máis da metade dos concellos galegos, ás que asistiron máis de 40.000 persoas.