Alumnos da EAEM, nunha das súas clases
[24/03/2026] O Centro Dramático Galego amplía desde esta semana a experiencia de exhibición do seu novo espectáculo, Hamlet, cunha programación paralela que incorpora tres pases de Mala vida e pior morte de Ricardo III, os días 25 de marzo, 1 e 8 de abril ás 20,30 horas, e, por outra, unha nova entrega das ImproVersións a través da proposta A propósito de William, que levará a cabo o colectivo Improversados os domingos 29 de marzo e 5, 12, 19 e 26 de abril á mesma hora. O desenvolvemento desta programación expandida completarase cunha acción especial na véspera do Día Mundial do Teatro, que reunirá o xoves 26 de marzo preto de 73 estudantes de secundaria e ensinanzas escénicas.
[20/03/2026]
[18/03/2026] O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, presentou a nova produción do Centro Dramático Galego, Hamlet, dirixida por Tito Asorey e con dramaturxia de Vanesa Sotelo e do propio Asorey a partir da obra mestra de William Shakespeare. A través dun espectáculo de gran formato con 16 intérpretes en escena, a compañía teatral da Xunta de Galicia trae ao presente e ao galego este clásico universal. A estrea será mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde permanecerá en cartel ata o 3 de maio con funcións de mércores a domingo ás 18,00 h.