Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG en coprodución con RAQUEL CRESPO: Punto en boca: Entre fíos anda o lío

Creación e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo

Este espectáculo é o primeiro resultado do proxecto Punto en boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade, que durante os meses de febreiro e marzo desenvolveu unha decena de actividades e obradoiros arredor do mundo da costura no concello de Culleredo.

Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, utilizando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións. Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña discreta, incansable, tecedeira de silencios.

Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo. Poderá verse nunha trintena de concellos galegos durante a xira que desenvolverá ata finais de agosto.
Ficha artística:
Creación e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo
Música: Xosé Lois Romero



punto_en_boca

Datas anteriores

29 de agosto
/// 21.00

LOUSAME, no Centro de Interpretación das Minas de San Fins

28 de agosto
/// 19.00

LOURENZÁ, no Multiúsos da Ponte de Cuñas

26 de agosto
/// 19.00

OROSO, no campo da Piscina Municipal

24 de agosto
/// 19.30

O VALADOURO, na praza de Santa María

22 de agosto
/// 20.30

ALLARIZ, na praza do Matadoiro

21 de agosto
/// 18.00

CARRAL, no Campo da Feira (en caso de chuvia, na pista cuberta de Paleo)

20 de agosto
/// 22.00

A CAÑIZA, na Praza Maior

18 de agosto
/// 12.00

IRIXOA, no Pavillón Municipal

18 de agosto
/// 12.00 - 20.00

IRIXOA, no Pavillón Municipal

16 de agosto
/// 20.00

BAÑOS DE MOLGAS, no parque Ansuiña

15 de agosto
/// 19.30

RÁBADE, no Campo da Feira

13 de agosto
/// 20.30

MUGARDOS, no Casino Mugardés

12 de agosto
/// 12.00

MEIRA, no Paseo Central

10 de agosto
/// 21.00

PAZOS DE BORBÉN, na praza do Concello

9 de agosto
/// 19.00

FRIOL, no parque Rosalía de Castro

8 de agosto
/// 12.00

TABOADA, no Campo da Feira

6 de agosto
/// 20.00

SARRIA, no paseo do Malecón

4 de agosto
/// 20.45

A RÚA, na praza do Concello

3 de agosto
/// 21.00

BEADE, no adro da Igrexa

2 de agosto
/// 20.30

RODEIRO, na praza do Parque (a carón da avda. Gumersindo Areán)

1 de agosto
/// 19.30

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

31 de xullo
/// 21.30

A ARNOIA, no recinto A Queixeira

30 de xullo
/// 20.30

A LAMA, no CEIP A Lama

26 de xullo
/// 21.00

A POBRA DO BROLLÓN

26 de xullo
/// 11.30

CURTIS, na Carballeira

23 de xullo
/// 20.00

CELANOVA, Na Praza Maior ou no Claustro da Igrexa

20 de xullo
/// 21.00

RIBADUMIA, no Auditorio ou na Praza do Concello

18 de xullo
/// 12.00

IRIXOA, no Pavillón Municipal

14 de xullo
/// 17.30

BÓVEDA, Feira de artesanía, no parque infantil, na parroquia de Rubián

12 de xullo
/// 20.30

ALFOZ, na Casa da Cultura

28 de xuño
/// 20.30

CULLEREDO, no Xardín Botánico Ría do Burgo