PAULA QUINTAS CÍA.: Aurora Boreal
Galicia Escena PRO. Mercado galego de de artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.
Aurora Boreal, unha peza de danza contemporánea que convida á contemplación e á reflexión sobre a fugacidade da vida e a súa conxelación fronte a unha sociedade de consumo fugaz. Partindo dunha estética nórdica e unha forte inspiración nas luminosidades fugaces das xeografías do norte,
Aurora Boreal explora tamén a velocidade e a serenidade do efémero.
Aurora Boreal non só é unha obra de danza contemporánea, senón un convite a experimentar a beleza do tránsito da vida e da natureza. Un espazo para a reflexión, a paciencia e a admiración.
A compañía
Paula Quintas Cía. é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e circo é a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experimental a través de códigos contemporáneos. Os seus últimos espectáculos como creadora son
Aurora Boreal (2025),
Multiperspectivas#3 (2021-2024),
O salón dos pasos perdidos (2023),
Nina Ninette (2021),
SET (2020),
Alma (non é hippie) (2019),
Plastic (2018),
Analepsis (2017) e
Up2down (2015).