Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

DANIEL RODRÍGUEZ: Transeúnte

Galicia Escena PRO. Mercado galego de de artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.


Transeúnte é un espectáculo de catro bailaríns e dous músicos en directo, onde brilla o diálogo entre música, canto e baile tradicional coa danza contemporánea. Unha visión nova e fresca da simbiose entre tradición e contemporaneidade.

Transeúnte pon o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración, atravesados polo folclore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.

Transeúnte reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición neste mundo tecnolóxico e globalizado onde aínda habitan os nosos instintos. Unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

A compañía

Daniel Rodríguez é un bailarín e creador galego graduado polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid. Actualmente, forma parte da Cía. Daniel Abreu na súa obra Dalet (Da) e é cocreador de Colectivo Banquet. Co seu primeiro traballo, A raíz de, recibiu o premio SóLODOS en Danza Ourense 2022, o Premio Xove do público novo, e foi nomeada mellor peza de rúa no Festival Internacional AR.CA 2023. Ademais, realiza proxectos como director artístico e coreógrafo de espectáculos e videoclips de artistas como Mondra (premio Mestre Mateo ao mellor videoclip 2025), Fillas de Cassandra ou Tanxugueiras.
Ficha artística

Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez
Intérpretes: Arnau Pérez, Laura García, Andrea Pérez, Daniel Rodríguez, Artur Puga, Aida Tarrío
Música en directo: Aida Tarrío, Artur Puga
Acompañamento artístico: Arnau Pérez
Produción musical: Javier Carreño, Acacia Ojea, Berto
Iluminación: Mauricio Pérez Fayos
Son: Alfonso Esky
Vestiario: Sheila Pérez
Texto: Sara Faro

Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego

Co patrocinio do Concello do Porriño e a colaboración do Centro Coreográfico Canal de Madrid e A Casa Vella de Allariz

Todos os públicos
Danza
50 minutos



transeunte

Datas anteriores

4 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías, 2) en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.