Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TROMSØ: Morraoconto

Galicia Escena PRO. Mercado galego de de artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.


Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda; sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura, pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando entre tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas, nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

A compañía

Morraoconto somos Rafa Martínez, Lara Pouso e Miguel Gendre. A compañía nace como resposta á necesidade de crear unha plataforma de xestión propia coa que levar a cabo diferentes proxectos. Tentamos aportar valor engadido ás propostas escénicas, entendendo os procesos creativos como espazo de colaboración no que traballar con artistas e profesionais de diferentes disciplinas aos que invitamos a mergullarse no noso imaxinario. Sustentamos o traballo en tres piares fundamentais: liberdade creativa, experimentación e denuncia social.
Ficha artística

Autoría: Rafa Martínez
Dirección: Rafa Martínez (texto e dramaturxia)
Esther Latorre (dirección de movemento)
Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
Escenografía Morraoconto, José Faro "Coti"
Iluminación: José Faro "Coti"
Vestiario: Morraoconto, Ana Gesto
Música: Julia Ammerman (piano), Lucía Iglesias (violonchelo)
Axudante de dirección: Clara Martín
Máscaras: Rafa Rey
Animacións, deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez
Cámara e corrección de cor: Román Sanín

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Coa colaboración dos concellos de Ames, Santiago de Compostela, Vimianzo e Arzúa, Deputación da Coruña e CEMMA Cetáceos

A partir de 16 anos
Teatro, danza, música en directo, máscaras
80 minutos

morra_o_conto

Datas anteriores

3 de xuño
/// 16.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías, 2) en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.