Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AURORA ARTES ESCÉNICAS: Maruxiña

Galicia Escena PRO. Mercado galego de de artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.


Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña, de Hans Christian Andersen. É un espectáculo de Aurora Artes Escénicas en clave cómica, interdisciplinario e con música en directo, onde a protagonista investiga o mundo que a rodea despois de nacer no tarro da hortensia da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que fóra dese tarro hai un mundo moito máis grande, que hai persoas amigas e outras que non o son tanto, que lle gustaría voar... E repara en que o realmente importante é poder decidir libremente o que quere para ela.

A compañía

Aurora Artes Escénicas é unha compañía de moi recente creación formada por Alma Sarasola e Laura Sarasola. Maruxiña é o seu primeiro espectáculo.

Alma Sarasola é trompista e, desde 2018, é profesora de trompa, de música de cámara e de música e movemento no Conservatorio de Música de Carballo. Tamén é unha das fundadoras de CatroCores e de InVento. Laura Sarasola é actriz, diplomada en educación primaria e codirectora de Caramuxo Teatro. Desde 2002 compaxina o seu traballo profesional como actriz co de mestra de interpretación para adultas e pequenas. Actualmente é docente na Escola de Interpretación de Narón.
Ficha artística

Autoría: Laura Sarasola
Dirección: Laura Sarasola e Alma Sarasola
Elenco: Laura Sarasola e Alma Sarasola
Adaptación: Laura Sarasola
Escenografía: Aurora Artes Escénicas
Iluminación: Suso Jalda
Son: Suso Jalda
Vestiario: Anahí Taraburelli
Música: Alma Sarasola

Familiar, a partir de 3 anos
Teatro e música en directo
45 minutos

maruxiña

Datas anteriores

2 de xuño
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías, 2) en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.