Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CDG Coproducións: Fábrica de fume

Textos: Ana Fontenla
Dirección: Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte

A peza afonda no concepto de arte e industria, explorando as temáticas que xorden ao centrar a atención nas persoas que traballan no ámbito fabril. As directoras inspíranse no fenómeno industrial de Sargadelos, extraendo del o material con maior potencial para a creación colectiva noutras fábricas, non-lugares e experiencias que combinan imaxinación e vivencias persoais arredor do traballo das actrices e actores participantes.

Fábrica de fume é un proxecto de teatro comunitario que tivo a súa orixe no programa europeo Phōnē. Está coproducido polo Centro Dramático Galego e conta co financiamento da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración de Fegatea.
Ficha artística:
Textos: Ana Fontenla
Dirección: Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte
Elenco: Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). Con Nieves Pérez, Juanín Ares, Chus Devesa, Antonio V. Turnes, Pablo Fernández, Lola Roel, Valentín Entrialgo, Edita Álvarez, Guadalupe López, Carmen Lois, Sara Nieto, María José Lagoa, Quico Ramilo, Manuel Llilla, Lucía González, María José González, Reyes López e Ana Rosa Pavón
Deseño de iluminación: As Dúas e Punto
Vestiario e caracterixación: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e IES A Pinguela (Monforte de Lemos) baixo a coordinación de Ana Calviño, Rosa Mar Díaz e Luz Freire

fabricadefume

Datas anteriores

30 de marzo
/// 12.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada libre previa retirada de localidades no despacho de billetes, aberto unha hora antes de cada pase.

23 de marzo

16 de marzo