Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AULA DE TEATRO DA USC: Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo

ESTREA

Posta en escena: Roberto Salgueiro
Elenco: Antón Torrado Puime Lucía Casal Muñiz Laura Valeiras

O Salón Teatro acolle a estrea da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, que este ano representa Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo. É unha montaxe con posta de escena de Roberto Salgueiro, na que se adapta d texto de Rodrigo García, incluíndo algún outro escrito do mesmo autor. Na peza convive unha mestura de violencia e humor, que serve de retrato dunha sociedade afeita a recibir o golpe e aceptar a derrota, a asumila como algo propio do noso ser. Esta é unha obra que converte a risa nun xesto revirado e a gargallada nun corpo contraído.

Duración da peza: 45 minutos
Documentos relacionados:
agamenon

Datas anteriores

12 de decembro
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada gratuíta, previa recollida de localidades no despacho de billetes, aberto dúas horas antes do comezo da función.