Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO MUXICAS: Miles gloriosus

Dramaturxia e dirección: Sara Rey

A comedia de Plauto conta a historia de Pirgopolinices, que se converte no novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante un período de catro anos. A súa elección non foi ben recibida por todos e ninguén entende como conseguiu facerse co poder... Palestrión, membro infiltrado, e Periplectómeno, o cabeza da oposición, alíanse con outros conspiradores para obter documentos confidenciais que revelen as verdadeiras intencións e manobras de Pirgopolinices...

Teatro Muxicas é un espazo de creación artística formado por actores e actrices invidentes ou con discapacidade visual, fundado pola ONCE de Ourense hai máis de 25 anos.

Datas anteriores

1 de novembro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 5 €. Venda de entradas só no despacho de billetes