CDG e BAUTZEN THEATER (Galiza-Alemaña): Lémbrame, Spominaj na mnje
XXIX FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2024
O Salón Teatro acolle a estrea desta peza de marionetas, dentro da carteleira do XXIX Festival Internacional de Galiquecres 2024. Este espectáculo teatral é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e o Deutsch-Sorbisches Volkstheater Bautzen e conta con artistas tanto galegos como alemáns e a intención e darlle valor a dúas linguas: o galego e o sorobio. Realizada no marco do proxecto europeo PHONE,
Lémbrame, Spominaje na mnje está dirixida por Tim Heilmann e conta con dramaturxia dos galegos Alba Grande e Borja Insúa.
Lémbrame, Spominaj na mnje é unha homenaxe á memoria, a tradición e a raíz. Unha lenda contemporánea sobre a cultura sorobia e galega. Os novos tempos traen cambios, nada fica como antes, tamén para o vello muiñeiro e o seu muíño. O avance do tempo ameaza con desprazar e acabar co oficio que foi transmitido de xeración en xeración. Cando a morte chega á súa porta, o muiñeiro escapa comezando así a gran persecución entre o muiñeiro e a morte. Cal é o futuro das nosas tradicións?