Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Produción entre NOVA GALEGA DE DANZA e a XUNTA DE GALICIA a través do CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO: Dique

ESTREA ABSOLUTA

Dirección artística Nova Galega de Danza: Jaime Pablo Díaz
Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos cada unha sobre as súas cabezas. Eran "as estibadoras". E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes. No 150 aniversario do inicio da súa construción, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe á escena para ofrecer un desafío visual único. A peza explora os límites da forza mentres o telúrico se apodera da escena. En Dique hai resistencia e esforzo, pero afloran, tamén, a delicadeza e o lixeiro. Tradición e modernidade. Fortaleza e resiliencia. Sindicalismo e empoderamento. Solidariedade e comunidade. Celebración e renacemento. Toda unha chea de emocións e sentimentos conflúen en Dique para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol. Nova Galega de Danza pretende ofrecer un espazo de reflexión sobre esta historia, que o vindeiro venres 21 de xuño volverá á nosa memoria sobre as táboas do Salón Teatro do Centro Dramático Galego coa súa estrea absoluta.
Ficha artística:
Idea orixinal: Nova Galega de Danza
Dirección artística Nova Galega de Danza: Jaime Pablo Díaz
Dirección de escena e dramaturxia: Marta Pazos
Coreografía: Belén Martí Lluch
Deseño sonoro e composición musical: Clara Aguilar
Deseño de escenografía e vestiario: Clàudia Vilà
Deseño de iluminación: Cristina Bolívar
Bailarinas: Nuria Alaña, Carmen Cebrián, Alba Cotelo, Estefanía Gómez, Alicia López, Laura Santamariña, María de Vicente e Inés Vieites
Axudante de coreografía: Ana Botía
Cover: Lúa Cárdenas
Realización de vestiario: María Negreira (CDG) e Sandra Ríos
Sombrereira: Carolina Díguele
Zocas: Elena Ferro
Pandeiretas: Sanín Percusión Tradicional
Construción de pedras: Castells y Planas
Prácticas en creación: Estela Ferrándiz (Máster en Artes Escénicas - URJC) e María Casares (Máster en Pensamento e Creación Contemporánea - ESADCYL)
Dirección técnica: Cristina Bolívar
Produción: Jaime Pablo Díaz
Produción executiva: Ana Díez
Fotografía: Vanessa Rábade
Deseño de cartel e creatividade: Patricia Portela
Comunicación: The Office Comunicación
Dique é unha coprodución de: Nova Galega de Danza e Xunta de Galicia, a través do Centro Coreográfico Galego
Patrocinios e apoios: Dique conta co patrocinio da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) como espectáculo inaugural do festival no 2024. A peza ten tamén a colaboración do Concello das Pontes para a súa posta en escena na localidade
Nova Galega de Danza é unha compañía que conta con patrocinio de Vegalsa - Eroski

dique

Datas anteriores

23 de xuño
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)

21 de xuño - 22 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)