INTERNATIONAL NIGHT GALICIA
Teatro. Festival Escenas do cambio 2024
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, TEATRUL EVREIESC (ROMANÍA), STADTTHEATER BRUNECK (TIROL DO SUR) E FIBIN-AN TAIBHDHEARC (IRLANDA)
Ao abeiro do proxecto europeo 'Phone. Dando ás linguas minorizadas unha voz', e en colaboración co Centro Dramático Galego, Escenas do cambio 2024 acolle a
International Night Galicia, un evento especial que mostrará parte dos espectáculos en proceso que están a producir cada un dos países integrados nesta rede de teatros que buscan salvagardar e promover a diversidade cultural e lingüística en Europa. Unha pequena mostra da dramaturxia contemporánea europea en linguas minorizadas coa que celebrar tamén o 40 aniversario do Centro Dramático Galego.
Participan na
International Night Galicia artistas procedentes de tres teatros nacionais de Romanía (Teatrul Evreiesc), Tirol Sur (Stadttheater Bruneck, Italia) e Irlanda (Fibin - An Taibhdhearc), como o director artístico Andrei Munteanu, o director Darach Ó Tuairisg ou a actriz Lisa Maurer. Unha velada na que poderemos ver e escoitar en escena tres linguas minoritarias e minorizadas en Europa: o yiddish, o ladino e o irlandés.
Phone conecta ás persoas que pertencen a unha minoría lingüística cos valores europeos máis aló das fronteiras culturais e de idioma. Unha colaboración que abre novos camiños para o sector teatral das linguas rexionais e minoritarias e mellora a súa posición a nivel nacional e internacional.