Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

REDRUM TEATRO: O pequeno poni

Dirección: Alex Sampayo
Texto: Paco Bezerra

Luismi é un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014. ‘O pequeno poni’ é un retrato sensato e necesario sobre o medo, a soidade, a inseguridade e iso denominado como a ‘ditadura da maioría’. Un dos aspectos máis interesantes da obra creada por Bezerra é que aborda o acoso escolar desde o ámbito familiar. Esta é unha obra sobre aceptar a diferenza do teu propio fillo. Que expón preguntas coma se o mundo é un lugar habitable para os diferentes, se o colexio é un lugar seguro para os nenos que son distintos, ou se o seu propio fogar é un lugar seguro para un rapaz que simplemente é distinto á maioría.
Ficha artística:
Elenco: Guillermo Carbajo e Laura Míguez
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Paco Bezerra
Escenografía: Redrum Teatro
Construción: Escenoset
Animacións: David Fidalgo
Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo sonoro: Fernando Epelde
Axte. produción: Reubén Porto
Produción: Redrum Teatro
Distribución: Guillermo Carbajo

pequeno_poni

Datas anteriores

26 de outubro - 27 de outubro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)