Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AVELAÍÑA TEATRO: Almas na gloria: Don Paco

XXII FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN

Organiza: Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA)

Cumpridos trece anos do seu pasamento, a Real Academia Galega acordou dedicarlle o día das Letras galegas do ano 2023, a quen foi o creador desa efeméride, D. Francisco Fernández del Riego. Os amigos de D. Paco: Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Enrique Peinador, Fermín Penzol e Manuel G. Román acompañan a D. Paco na súa apoteose de elevación ao retablo dos Galegos Ilustres. No encontro rememoran: a súa mocidade universitaria no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista; o drama do golpe de estado;e o liderado de D. Paco na galeguización da Real Academia Galega, na creación de institucións tan importantes como a Editorial Galaxia. O Día das Letras Galegas e a Casa Galega da Cultura, así como a recuperación de Álvaro Cunqueiro para a literatura galega. Feitos polos que é solemnemente laureado. O texto foi escrito por Manolo Ayán coma se tratásese dun relato de memoria histórica no que se representan escenas de relevancia entre os anos 30 e os 70 do século XX.
O espectáculo está dirixido por Antonio Simón, que realiza unha proposta visual cos oito intérpretes movéndose nun escenario onírico de cemiterio, onde sombras e personaxes se mesturan.
agustinmagan2023

Datas anteriores

10 de setembro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrade de balde