Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

EXCÉNTRICAS en coprodución co CDG: O auto do Castromil

Proxecto gañador do III Certame de Proxectos Teatrais Manuel María

Autoría: Manuel María
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galicia inconsciente.
Ficha artística:
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Elenco: Patricia Vázquez Rocío González, Víctor Mosqueira e Marcos Orsi
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Iluminación: Octavio Mas
Espazo sonoro: Piti Sanz
Proxeccións: Marcos PTT Carballido
Deseño gráfico: Javier de la Rosa
Vídeo: Sonia García
Fotografía: Sabela Eiriz
Produción: Rubén G. Pedrero
Duración: 90 min

auto_castromil

Datas anteriores

7 de xullo - 9 de xullo
/// 20.30

Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela
Teléfono: 981542347