Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Concertos Mércores de Varanda: HELENA EGEA

Actuacións cara á rúa Nova desde o balcón do Salón Teatro


En colaboración coa Aceleradora de Proxectos Musicais Sonemerxente da Fundación Paideia e a Xunta de Galicia (con financiamento dos fondos NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia)

Unha voz con presencia que chama ao pasado.

Cantante e compositora multiinstrumentista (violín, piano, guitarra) que bebe dos estilos do soul, jazz, rock e o blues. Composicións inspiradas en grandes artistas como Aretha Flanklin, Elisa Fitzgeral, Carole King, Janis Joplin... onde se mestura o son dos clásicos con novos elementos coma o violín. Unha experiencia en formato acústico, con guitarra ou piano, e en banda, estreado no Festival Noroeste como gañadora do concurso de Cuac FM (2022).

É un proxecto marcado por un gusto ecléctico e a experiencia previa en distintas bandas, formatos e estilos. Ofrece un repertorio propio e versións en galego, castelán e inglés que trae de volta a paixón e a potencia das voces, das mulleres fortes da man de letras íntimas que xogan coa imaxe visual.

Tras ir tomando forma mediante o directo nestes últimos anos e presentar algunhas das cancións a concursos (gañadora do segundo premio dos Premios a Xuventude da Deputación de Pontevedra, segundo premio en Sonidos Mans Salas 2022), traballa agora na preprodución do seu primeiro EP:
helena_egea

Datas anteriores

21 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)