Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Concertos Mércores de Varanda: ADRIAN TIMMS

Actuacións cara á rúa Nova desde o balcón do Salón Teatro


En colaboración coa Aceleradora de Proxectos Musicais Sonemerxente da Fundación Paideia e a Xunta de Galicia (con financiamento dos fondos NextGenerationEU - Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia)

Modern one-man británico-andaluz. Tras lanzar o seu primeiro disco acústico Part won, unha mestizaxe cultural entre o indie-pop británico e texturas da música tradicional galega, continúa a súa eclecticismo musical nun novo formato en solitario experimentando con instrumentos electrónicos de última tecnoloxía. Recrea a forza dunha banda completa sumando numerosas capas de sons en rigoroso directo. Coa sensibilidade da súa impoñente voz e a mestura entre o orgánico e o electrónico, é unha das propostas máis vibrantes do panorama emerxente.
adrian_timms

Datas anteriores

7 de xuño
/// 21.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)