Galicia Escena PRO. MARTA ALONSO TEJADA CÍA.: Sofá
Sofá é unha
sitcom de danza con teatro, circo e música en directo.
Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son dous fervellos e a parella que menos usa o sofá. Non son capaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo no que bailen cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas ou descansar. Pero non logran comezar o espectáculo. Calquera interrupción é un bo motivo para seguir nun bucle cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a unha mesma e abrazar a incerteza, o baleiro. Parar para empezar o espectáculo, acabar para comezar.
Acceso ao espectáculo
Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller un convite por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Centro Obra Social Abanca, Praza de Cervantes, s/n, Santiago) os mesmos días de celebración de Galicia Escena PRO, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.
Ficha artística
Creación e interpretación: Marta Alonso e Pablo Reboleiro
Dirección: Marcos PTT
Movemento e coreografía: Cía. Sharon Fridman (Melania Olcina Yuguero e Arthur Bernard Bazin)
Dramaturxia e guión: Marta Alonso, Daniel D. García, Marcos Petete, Pablo Reboleiro Rama e Déborah Vukušić
Coordinación de guión: Daniel D. García
Espazo sonoro: Mounqup e Pablo Reboleiro
Realización de escenografía: Jose Perozo e Sandra Camalea
Estilismo: Paula Quintas
Iluminación: Ángel Sousa
Attrezzo: Carlota Mosquera, Audiovisuais Sabela Eiriz e Carlota Mosquera
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Coproduce Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Colaboran o Concello de Outes e o Concello de Rianxo. Co apoio de Danza Alfaia, Galicia Danza Contemporánea e Determinada Co.
Adulto
Danza, comedia, teatro, circo
70 minutos