Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CLÁSICAS DESFEITAS VOL. 7 e 8: Canta máis luz, máis sombra

A partir de textos de Sor Juana Inés de la Cruz e Rosalía de Castro
Dirección: Aurora Cano e Fran Núñez

Sor Juana Inés de la Cruz e Rosalía de Castro, figuras fundacionais das literaturas mexicana e galega, protagonizan os volumes 7 e 8 do ciclo Clásicas Desfeitas. Canta máis luz, máis sombra é o título deste díptico que se constrúe a partir do diálogo cruzado entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Compañía Nacional de Teatro de México (CNT). Ambas producións desenvólvense dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás - REGA23.

Aurora Cano, directora artística da CNT, levará á escena a súa interpretación contemporánea sobre os textos da poeta de Padrón cun elenco de artistas de Galicia. Pola súa parte, o director do CDG, Fran Núñez será o encargado de conducir sobre o escenario ás actrices e actores da compañía mexicana para traer ao século XXI o legado literario de sor Juana Inés, unha das figuras máis destacadas das letras hispanoamericanas do século XVII.
Ficha artística:
Dirección: Aurora Cano y Fran Núñez
Elenco: Diana Sieira, Xosé Lois Romero, Shadé Ríos*, Yurief Nieves*
Organiza; Centro Dramático Galego, Compañía Nacional de Teatro de México y Cidade da Cultura de Galicia

canta_mais_luz_mais_sombra

Datas anteriores

23 de marzo - 24 de marzo
/// 20.30

Edificio Fontán. Cidade da Cultura
Prezo: Entradas (9€) a venda en Ataquilla e no Museo Centro Gaiás