Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

IGAXES, ARTEFEITO E CULTURACTIVA: Soños

Estrea


Soños é unha obra teatral na que a ficción e a realidade se mesturan para achegarnos ás vidas da xuventude. Un espectáculo que nace da conversa entre o equipo artístico, educadoras sociais e os mozos e mozas que medran en vivendas tuteladas e que busca rematar co estigma que cargan os e as mozas tuteladas.

Soños é unha coprodución da ONG Igaxes e as produtoras Artefeito e Culturactiva. Está escrita por Fernando Epelde e dirixida por Tamara Canosa. Anxo Outumuro e Sara Ferro dan vida a dous rapaces da vivenda, acompañados en escena pola súa educadora, interpretada por Victoria Pérez.

Durante a representación poderemos entrar nunha vivenda do Programa Mentor e nos soños dos e das rapazas, moi similares aos do resto de adolescentes da súa idade… Ou non?
Ficha artística:
Dramaturxia: Fernando Epelde
Dirección: Tamara Canosa
Elenco: Sara Ferro, Anxo Outumuro e Vicky Pérez
Coprodución de Culturactiva, Igaxes e Artefeito

Documentos relacionados:
sonhos_300x300

Datas anteriores

24 de febreiro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: Entrada será con convite.