FOMO (Concerto)
Concerto pola saúde mental
Disorders é un álbum de rock progresivo que inclúe sete cancións escritas e ilustradas por persoas con trastornos mentais de todo o mundo.
As súas letras falan, en primeira persoa, de anorexia, autismo, esquizofrenia, depresión, trastorno obsesivo-compulsivo, trastorno límite da personalidade e trastorno bipolar.
A organización deste concerto corre a cargo de Carlos Morales, músico galego que crea a súa música baixo o nome de Fear Of Missing Out, cunha importante compoñente social e solidaria.
Está acompañado por músicos respectados do panorama musical galego, cunha ampla experiencia en concertos por España e Europa.