Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

MANARTE PRODUCCIONES: Política sentimental


No medio do período histórico que transcorre durante a ocupación nazi do territorio francés a partir do ano 1940, prodúcese o encontro de dúas grandes personalidades do panorama cultural da época: María Casares e Albert Camus. Os anos 40 son auxe e colofón das vangardas europeas. Albert Camus, un dos máis notables representantes do existencialismo francés, conflúe coa actriz galega e filla de Casares Quiroga, un dos maiores expoñentes da II República. O exilio propicia o encontro de María Casares coa Resistencia francesa e a vangarda artística do momento, que a consideraba icona e musa na que plasmar as súas obras. Ao asumir María Casares o papel protagonista na obra "O Malentendido" no ano 1942, marca o inicio dunha prolífica e intensa relación persoal e profesional entre ambos os protagonistas, que se prolongará ata o falecemento do autor en 1960.
Texto do escritor e crítico teatral Javier Villán
Adaptado ao galego por Manarte Producciones
Dirección: David Loaysa
Elenco: Sabela Hermida e Germán Torres

Datas anteriores

18 de decembro
/// 18.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 6 euros