Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

IMPROVISACIÓN EN CIRCO: Soundpaiting Circus

VII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

Organiza: PistaCatro Produtora

Circo, teatro, música, danza, artes plásticas... Calquera arte encaixa nesta improvisada Orquestra de artes circenses, na que a través da técnica do Soundpainting, os artistas en escena presentan novos camiños de creación. Sobre o escenario contaremos cun elenco de artistas circenses variado sumado a artistas doutras disciplinas, que logo dun laboratorio de catro días, prevéntanse no escenario para crear un espectáculo único e singular creado no momento a través das técnicas da improvisación teatral.
O Soundpainting foi creado por Walter Thompson en Woodstock, Nova York, en 1974. É unha linguaxe universal de sinais para a composición multidisciplinaria en vivo. O/a Soundpainter (director/a) utiliza esta linguaxe para pedir distintos materiais ás/ós interpretes xerando así unha composición que ira tomando forma a partires da relación entre os xestos do/a Soundpainter e a interpretación que as/os artistas fagan destos.
soundpainting

Datas anteriores

27 de novembro
/// 18.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)