Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

ESCARLATA CIRCUS: Cuando los Cangrejos lleven tacones

VII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

Organiza: PistaCatro Produtora

Bárbara e Ángel, condutores desta acción performativa circense, veñen a contarnos un conto; un conto baseado en feitos reais sobre unha parella que fai xa máis de 30 anos comezou a facer circo crendo poder atopar a liberdade e mudar o mundo. Un mundo que tamén os cambiou a eles. A súa reflexión sobre o mesmo é a través da súa linguaxe, o circo. Cunha constante interpretación da relación co obxecto, son os látigos, coitelos, cabelos, acrobacias e paiasos os que desprazan o humano do centro da pista para atopar un novo diálogo do obxecto co mundo.
A través de Bárbara e de Ángel atopamos como esta parella que nos cede os seus feitos -o seu arquivo audiovisual inédito- cuestiónanse a eles mesmos e cuestionan o establecido. Realizan o exercicio de descompoñer a sea traxectoria circense coma se de cangrexos se tratase, revisitando o seu pasado e propoñendo unha visión de futuro transformadora. Coa liberdade como motor, buscan un circo sostible a través da poesía, o amor e o tempo.
Escarlata Circus convídanos a entrar a xogar e a gozar, como espectadores, coa compañía deste aquí e agora que xuntos nos ofrecemos.
Ficha artística:
Intérpretes: Jordi Aspa e Bet Miralta
Guión: Laura Tajada e Escarlata Circus
Dirección: Laura Tajada
Duración: 70m aprox
Espectáculo aconsellado a partir de 8 anos

conejos_tacones

Datas anteriores

23 de novembro
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)