Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TEATRO NACIONAL SÃO JOÃO: Achadiço

QUINTAS DO CAMÕES. Quintas-feiras da língua portuguesa no Salón Teatro de Santiago de Compostela


Trátase dun monólogo, escrito, dirixido e interpretado por Nuno Cardoso, director artístico do TNSJ e un dos mais salientables directores do panorama portugués actual.

Unha panel branco en fondo vira unha inmensa páxina en branco e é o elemento chave do que Nuno Cardoso fai uso para construír Achadiço, título-nome que recupera un rexionalismo das Beiras, nomeadamente de Canas de Senhorim, de onde é orixinario. Quen non encaixa é un achadiço, e se ese substantivo se lle colou á pel e lle asenta como unha luva, tamén pode axudar a caracterizar o espectáculo, un espazo-tempo a improvisar que non encaixa na moldura dunha peza ou dunha clase. Nuno Cardoso constrúe para si e para o público (desafiado a repartir, á flor da pel, o improvisar) un punto de interrupción, onde o sentido dese labor se devolve aplicado á vida. Nese territorio de creación, a respiración da memoria fai do tempo teatral un labirinto de referencias e do corpo do creador/actor un buraco negro que todo sorbe e sintetiza.
achadico

Datas anteriores

26 de outubro - 27 de outubro
/// 20.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)