Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

VACABURRA: Festina lente. USCénica 2022


Festina lente é unha locución latina cuxa tradución literal é «Apresúrate amodo».
Esta peza busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pantalla coloniza as nosas relacións. Corpos multitarefa, corpos cansos, corpos expostos, corpos saturados polos mecanismos dun tempo que non entende de pausas.
Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades fóra dos remuíños do ca- pitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade. Preguntámonos polas estratexias dos corpos para lograr permanecer xuntas frente a alienación.
Ficha artística:
Creación: VACAburra
Interpretación: Clara Ferrao Diz + Andrea Quintana
Coreografía: Andrea Quintana
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde + Andrea Quintana
Iluminación: Violeta Martinez Rivera
Tec en Xira: Jorge Ramos
Espazo sonoro: Andrea Quintana + Menina Arroutada
Arranxos sonoros: Les Silva
Vídeo e Fotografía: Iria Casal
Imaxe gráfica: Paulina Funes
Vestiario: Gena Baamonde
Produción Executiva: Atenea Fernández
Coprodución co Centro Coreográfico Galego, en residencia na Sala Ártika de Vigo e co acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.

festina_lente

Datas anteriores

29 de xuño
/// 20.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 3 euros.