Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Cinema en Curso 2022

Organiza: Filmoteca de Galicia

Estrearanse as seguintes películas:

Entre camiños. Película realizada polo alumnado de 6º de primaria do Ceip de Tenorio en Cerdedo-Cotobade co acompañamiento do cineasta Ángel Santos.

Ata pronto, adeus. Documental realizado polo alumnado de 2º de ESO do CPI O Cruce de Cerceda col acompañamento de Xacio Baño.

Mar de baixura. Película realizada polo alumnado de 6º de primaria do Ceip A Rúa de Cangas co acompañamento do cineasta Ángel Santos.

Da madeira ao mar.Película do alumnado de 4º de ESO do IES O Mosteirón en Sada. Acompañou o taller Otto Roca.

Trátase de catro películas documentais que culminan todo un ano de traballo no que todos os alumnos participantes comezaron visionando fragmentos de películas de cineastas de recoñecido prestixio e desde aí, en diálogo con estes referentes, realizaron posteriormente os seus primeiros planos do mundo no mes de novembro e todo un labor de observación, documentación e exploración da súa contorna máis próxima para coñecer e valorar o ámbito da súa película.

As películas, retratos de lugares ou oficios próximos aos alumnos, parte da premisa de mirar a nosa contorna de novo, cunha mirada nova, para coñecelo mellor e poñelo en valor a través do cinema.

Na estrea no Salón Teatro todos os alumnos reuniranse para presentar as súas películas e tamén para responder e abrir un diálogo posterior co público que asiste á proxección.

Datas anteriores

17 de xuño
/// 11.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)