Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Homenaxe a Manolo Lourenzo


Galiza Cultura e a Agrupación Cultural O Galo (integrante desa Federación) realízanlle unha homenaxe a unha das figuras máis senlleiras do teatro galego: a Manuel Lourenzo, autor, director, actor, produtor, editor e docente.

Para alén disto, Manuel Lourenzo, participou como intérprete en numerosos audiovisuais, series de televisión e filmes. Tamén foi co-fundador da Escola Dramática Galega e dos seus Cadernos de Teatro, puxo en funcionamento e dirixiu o "Teatro Luís Seoane", no cal se representaron obras en galego de grandes autores internacionais e recibiu os máis importantes premios do noso teatro e o que anualmente concede aos dramaturgos o Ministerio de Cultura do Estado español.

Nesta HOMENAXE A MANUEL LOURENZO tamén se presentará a súa OBRA COMPLETA, recentemente publicada pola Federación Galiza Cultura e da que fan parte sete tomos nos que se recompilan toda a súa escrita.

Participarán Susana Dans, actriz; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalia Castro da Coruña; Quico Cadaval, actor; Coral Solfa; Francisco Núñez, director do Centro Dramático Galego; Xosé Manuel Carril, catedrático da Universidade da Coruña e presidente da Federación Galiza Cultura e Brandán Lourenzo, gaiteiro.
homenaxe_manolo_lourenzo

Datas anteriores

14 de xuño
/// 19.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)