Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Galicia Escena PRO 2022


Luns 6
11.30 h
PRODUCCIONES COME Y CALLE: El caballero incierto
Adulto
Teatro
90 minutos
Na excelente novela La carne,de Rosa Montero, hai escondida unha pequena xoia. Trátase da historia imaxinaria de Josefina Aznárez, personaxe maiúscula, apaixonante, máxica, desas que aparecen moi de vez en cando, pero que che quedan cravadas para sempre. Josefina é unha personaxe maldita, unha invención desgarrada e dolorosa da condición de ser muller. Esa muller ben podería ser Hildegarda de Bingen, María Lejárraga ou George Sand. O seu destino crúzase un 3 de novembro de 1893 coa explosión e posterior traxedia do vapor Cabo Machichaco. A partir de aquí, é Laila Ripoll quen escribe este monólogo. Josefina entra nas sombras e desaparece para converterse en pantasma, en mito, en carne de escenario. Para non desaparecer nunca.

+info do espectáculo+ info do espectáculo

- - - - -

Martes 7
11.00 h
OS NÁUFRAGOS TEATRO: Hugo
Todos os públicos
Teatro
40 minutos
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo todos os días. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista.
Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza. Ser diferentes fainos grandes.

+info do espectáculo+ info do espectáculo

20.00 h
VACAburra: Festina Lente
Todos os públicos
Danza
50 minutos
Festina Lente é unha locución latina cuxa tradución literal é "apresúrate lentamente".
Esta peza busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións. Corpos multitarefa, corpos cansos, corpos expostos, corpos saturados polos mecanismos dun tempo que non entende de pausas.
Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos como deixar xurdir novas realidades fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade. Preguntámonos polas estratexias dos corpos para lograr permanecer xuntas fronte á alienación.

+info do espectáculo+ info do espectáculo

- - - - -

Mércores 8
18.00 h
MATRIOSHKA TEATRO: Comando Comadres
Adulto e adolescente
Teatro
70 minutos
A través do humor, un grupo de activistas organizadas por comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión: crear unha rede de comandos a nivel mundial para espertar as conciencias sobre a importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros, tanto no ámbito público coma no privado. Comando Comadres rende homenaxe a todas as heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.

+info do espectáculo+ info do espectáculo

- - - - -

Xoves 9
20.00 h
IBUPROFENO TEATRO: Smoke on the water
Adulto
Teatro
85 minutos
Traxicomedia sórdida con música en directo.
Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos 70, ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de case 25 anos de crise permanente. Esta relación de dependencia vese ameazada pola aparición de Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora. O rock and roll é o pano de fondo deste enredo amoroso-financeiro entre un grupo de seres humanos fracasados, torpes, patéticos, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

+info do espectáculo+ info do espectáculo
GEP22

Datas anteriores

6 de xuño - 9 de xuño

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)