Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

TÂNIA CARVALHO: Grasped by Intuition

Escenas do Cambio. Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción

Coreografía e interpretación: Tânia Carvalho

Facer un solo que sería unha abstracción lírica.
Pero este corpo é unha forma humana e, no escenario, é figurativo desa mesma forma. Mesmo aínda que sexa figurativo —no sentido de que representa— pode, a modo de exercicio, estar composto de movementos como nunha abstracción lírica. Ou é máis ben unha estilizada figuración?
(Un solo entre a abstracción lírica e a figuración).
Unha vez que é figurativo, o que antes era abstracto deixa de selo. E inmediatamente algo, outra cousa, engádese a ela (corrente). Unha soa persoa, soa nun escenario, apenas evita non ser así… pero será que hai alguén máis aquí? Levo moito tempo aquí. Que é isto? Que son estas cousas? Oh! Son eu! Onde estou? Estou presa neste lugar. Son (corrente)?*
*A palabra "corrente" —do latín currens (correr, apresurarse)— significa tanto "movemento", no sentido dun movemento artístico, e "cadea", como estar encadeado, restrinxido ou confinado ao devandito movemento.

Tânia Carvalho
Tânia Carvalho (1976) naceu en Viana do Castelo e vive en Lisboa. Coñecida sobre todo como coreógrafa, cunha carreira de máis de 20 anos, tamén traballa noutros campos artísticos, como a música, o debuxo e o cinema.
Os seus traballos coreográficos inclúen pezas para o Ballet da Ópera de Lyon (Xylographie), a Compañía de Elders de Londres (I Walk, You Sing), o Ballet Nacional de Portugal (S), a Compañía Paulo Ribeiro (How will I do this?), Dançando com a Diferença (Doesdicon), e o Ballet Nacional de Marsella (one of four periods in time), entre outros moitos.
Desenvolveu varios proxectos musicais, entre os que destacan Madmud, Idiolecto e dubloc barulin. En 2018 dirixiu A Bag and a Stone - dance piece for screen (Unha bolsa e unha pedra - peza de danza para a pantalla), a súa primeira película. Foi galardoada co Premio Novos Creadores 2000, con Inicialmente Previsto, e recibiu o Prémio Autores da Sociedade Portuguesa de Autores, por Icosahedron (2012) e oneironaut (2021).
Ficha artística:
Portugal | 45 min
Coreografía e interpretación: Tânia Carvalho
Música: XNX
Concepto de iluminación: Tânia Carvalho
Deseño de iluminación: Anatol Waschke, Tânia Carvalho, Zeca Iglésias
Fotografía promocional: Rui Palma
Vídeo promocional: Manuel Guerra
Produción: Tânia Carvalho, Agência 25 & Estúdio 25
Produción executiva: João Guimarães (ata 2020)
Administración e xestión financeira: Vítor Alves Brotas (desde 2021)
Coprodución: Centro Cultural Vila Flor; Teatro Aveirense
Residencias artísticas: Centro Cultural Vila Flor; O Espaço do Tempo; Teatro Viriato
Estúdio 25 está financiado polo Goberno de Portugal - Ministério de Cultura/Direção-Geral das Artes para o bienio 2021-22

Grasped by Intuition

Datas anteriores

6 de maio
/// 21.30

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 5 euros.