Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

CONDETRESPÉS en coprodución co CDG: Rastros

Dirección e dramaturxia: Lois Blanco
Autoría: Roberto Vidal Bolaño

O intento de suicidio dunha muller na flor da súa idade convoca durante o tempo no que permanece ingresada na UVI á espera dun desenlace incerto, aos tres homes cos que compartiu os seus sentimentos, os seus soños e as súas ilusións. Ao longo desa tensa espera, de par que reflexionan arredor das grandezas e das miserias da súa vida en común, e do tempo no que esa vida en común se deu, relembran o que foi a súa existencia e as razóns que levaron a cada quen a ser o que hoxe é, e a estar onde hoxe está.

Ficha artística:
Autoría: Roberto Vidal Bolaño
Dirección e dramaturxia: Lois Blanco
Elenco: Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera, Mateo Franco
Escenografía e Vestiario: Diego Valeiras
Deseño de Son e Iluminación: Dani Juncal
Idade recomendada: > 16
Duración: 110 min

rastros

Datas anteriores

4 de marzo - 5 de marzo
/// 20.30

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teatro Principal
Prezo: 12 €. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.