Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

LA VÍSPERA: Murmullo

Encontro para a formación e a innovación no circo D10!

Organiza: Pistacatro

Murmullo, é ese rumoreo na orella, unha voz que nace dentro e que está formada por todo o que nos fai ser quen son; as nosas vivencias, medos, traumas, inquietudes...

É a maleta que todos cargamos ás costas e a miúdo é unha pesada carga da que nos queremos liberar.

Con sorte podes atopar unha persoa coa que compartir parte dese peso, coa que camiñar da man, un cómplice, un amigo.

A obra convida o espectador a mergullarse dentro deste concepto. Establecendo un diálogo artístico entre os intérpretes, os diferentes elementos que compoñen a escena e o público.

Murmullo é unha peza de circo, danza contemporánea, manipulación de monicreques e música en vivo para todos os públicos e ideada para ser representada en espazos non convencionais e sala.
Ficha artística:
Diección:Raúl Gea e Vinka Delgado Raúl Gea e Vinka Delgado
Elenco:
Música orixinal: Antonio López
Vestiario: silvia sitta

murmullo

Datas anteriores

26 de novembro
/// 19.00

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 4 €.