Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

AveLina Pérez en coprodución co CDG: ECO


O Mosteiro de Oia foi campo de concentración durante a guerra civil española. Nas súas paredes, os presos deixaron palabras e debuxos nos que reflectiron desacougos, medos e desexos.
Desde estas voces, desde estas mensaxes fragmentarias, é desde onde se constrúe a dramaturxia de ECO, que quere ser, con todo o respecto, unha homenaxe e un poema, un momento para escoitar e escoitarnos, para relacionarnos entre nós e cos que xa non están.

Para relacionarnos, tamén, coa historia e co paso do tempo.
Coa memoria e coa falta da mesma.

ECO é atender a unha presenza.
Facela parte.
Ollar miudiño.
Facer contas doutro xeito:
Un, dous, tres.
Un silencio.
Cinco silencios.
Tres mil silencios...

É estar.

Ficha artística:
Dirección, dramaturxia e interpretación: AveLina Pérez
Composición musical: Ramón Raíndo
Iluminación: Beatriz de Vega
Fotografía: Martín Pol
Montaxe de vídeo: Jesús Tejada
Colaboran: Real Mosteiro de Oia e Teatro Ensalle
ECO

Datas anteriores

26 de setembro

Mosteiro de Oia
OIA
Prezo: 6 euros