REDRUM TEATRO: O mozo da última fila
Autoría: Juan Mayorga
Dirección e adaptación: Alex Sampayo
Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.
Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo, este texto foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria.
Desde a súa estrea en 2006,
O mozo da última fila leva 26 producións por todo o mundo e foi adaptada ao cinema por François Ozon, con guión do propio Mayorga e co título
Dans la maison, Concha de Ouro no Festival de San Sebastián en 2012.
Ficha artística:
Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Texto: Juan Mayorga
Deseño de iluminación: J.M. Faro "Coti"
Escenografía: J.M. Faro "Coti"
Música e espazo sonoro: Davide González
Vídeos: Alex Sampayo
Caracterización: María Illobre
Axudante de dirección: Sheyla Fariña
Axudante de produción: Rubén Porto
Deseño cartel: Pablo Dávila
Prensa: Alberto Ramos
Distribución: Guillermo Carbajo
Ligazóns relacionadas: