Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

RESIDENCIAS CRUZADAS: Producións Dispersas. Mentres dure a canción + Mónica Sueiro. 15 minutos

Encontro co público o 17 de marzo ás 18.00 h.


Lecturas complementarias sobre a metateatralidade e a loita do individuo por ser e estar no colectivo.

Diego Freire. Un personaxe que reflexiona sobre o mundo que lle tocou vivir. Un personaxe que é un autor-actor que está escribindo un espectáculo sobre un personaxe que reflexiona sobre o mundo que lle tocou vivir. Este "bucle" sutil durante todo o espectáculo evidénciase claramente no final do mesmo.

Mónica Sueiro. Actriz solicita á Autora, unha das súas "criaturas en expansión", un texto sublime que a saque do ostracismo e que faga a súa vida soportable. Desexo cumprido. Un escenario, público e unha caixa con instrucións para construír unha peza. Só ten quince minutos e poden ser unha eternidade.
residencias_cruzadas

Datas anteriores

15 de febreiro - 20 de febreiro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)