Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2020

OBRAS FINALISTAS DA ESPECIALIDADE DE TEATRO


A Xunta de Galicia afronta a recta decisiva do programa para creadores noveis Xuventude Crea 2020, que na edición deste ano bateu récord de participantes con 486 mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 30. Esta semana terá lugar a fase final de Teatro, unha das catorce especialidades do certame xunto con Artes plásticas —Escultura e Pintura—, Banda deseñada, Cociña, Danza moderna, Deseño de xoias, Poesía, Videocreación Fotografía, Graffiti, Moda, Música e as dúas novas disciplinas que incorpora este ano o programa: Novela curta e Creación de videoxogos.

Ao escenario do Salón Teatro da capital galega subiranse os días 26, 27 e 29 de outubro os seis grupos finalistas da especialidade da arte escénica.

26 de outubro
17:00 h Molesto Teatro, coa obra Déixame entreterte (Vigo - duración 60’)
20:30 h - Vai no dentista, coa obra Fóra de xogo (Santiago - duración 50’)

27 de outubro
17:00 h - Teatro do Ar, coa obra Lume (Nigrán - duración 1 h15’)
20:30 h - Lohengrin Teatro, coa obra Coa mirada na súas mans (Vigo - duración 40’)

29 de outubro
17:00 h - Os Palimoquiños e Cía., coa obra Os miserables (Lugo - duración 1h 10’)
20:30 h - Farándula Velutina, coa obra Animais de compañía (Corcubión - duración 50’)
xuventude_crea

Datas anteriores

26 de outubro - 29 de outubro

Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: A entrada será gratuíta ata completar o aforo previa retirada no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do inicio das actuacións. Nestes momentos está restrinxida a 30 persoas de acordo coas medidas de control sanitario vixentes na cidade.